Empresa

Quen somos

BIOSTATECH, é unha spin off de bioestadística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que iniciou as súas actividades en
marzo de 2012.

O carácter interdisciplinar do equipo fundador, e a rede de conexións e colaboradores de gran prestixio coas que contamos tanto a nivel nacional e internacional, permítennos estruturar unha base que garante:

A comprensión do problema
A procura da mellor solución coa máis alta calidade
Un desenvolvemento profesional
A posta en valor do produto final

O noso obxectivo

Converterse no socio científico-técnico dos investigadores e empresas, sabendo responder as súas necesidades, e co-liderando o deseño e posta en valor dos proxectos de I+D+i dos seus clientes.
Nun mesmo sentido, BIOSTATECH quere converterse na plataforma idónea para que os investigadores incrementen as súas habilidades na utilización de ferramentas estatísticas, e adquiran e amplíen os seus coñecementos en técnicas e modelos estatísticos aplicables ás súas investigacións.

Os nosos méritos