Biostatech realiza a conferencia de apertura, do módulo de bioestadística do IX Seminario de Estatística Aplicada que se celebra en Quito (Ecuador), e que organiza a Sociedade Ecuatoriana de Estatística.
Este ciclo de conferencias celébrase entre o 25 e 27 de xuño de 2015, e abarca varios temas enmarcados na aplicación da estatística en finanzas e seguros, ciencias sociais, e ciencias da vida e a saúde.
Vicente Lustres, achegará a nosa visión sobre a investigación biomédica realizada en España, a importancia da bioestadística en todas as fases dun estudo (deseño, recollida de datos, análises e tratamento de datos). Así mesmo, nunha segunda parte, expoñerá unha serie de suxestións para a posta en valor dos resultados de investigación a través de publicacións científicas.