CICLO DE CONFERENCIAS: BIOESTATÍSTICA PARA VIVIR

O xoves 6 de maio celebrarase na aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC, o ciclo de conferencias organizadas no marco do proxecto ?Bioestadística para vivir e como vivir da estatística?. A xornada terá unha duración de 16:00 a 19:30 e estará estrutura en 7 charlas breves.

O obxectivo é dar a coñecer a importancia da estatística no estudo científico e a súa aplicación práctica noutros ámbitos, especialmente nas Ciencias da Vida e a Saúde. A conferencia de carácter divulgativo estará destinada a un público en xeral, con inquietudes sobre o uso da estatística na nosa sociedade.

Será necesario inscribirse antes do 5 de maio. Pode obter máis información do ciclo e sobre a inscrición na seguinte ligazón:: http://icbusc.com/event/ciclo_bioestadistica

A xornada tamén poderá ser seguida online a través do canle USC TV: http://tv.usc.es/directo2.html

BIOSTATECH NO IX SEMINARIO DE ESTADÍSTICA APLICADA DE ECUADOR
BIOSTATECH ENTRA NO MERCADO LATINOAMERICANO