Carmen Cadarso Suárez

Directora científica do comité asesor

Catedrática de Estatística da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Promotora de Biostatech, spin- off que emerxe desde o grupo multidisciplinar GRIDECMB, da que é Investigadora Principal.
A súa dilatada experiencia en docencia e investigación queda de manifesto no seu extenso CV, con máis de duascentas publicacións internacionais en revistas de impacto de distintas áreas de coñecemento, e o seu liderado e participación en numerosos proxectos de investigación.
Actualmente é a Investigadora principal da Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET) e directora do Interdisciplinary Center of Biostatistics (ICBUSC) (http://www.icbusc.com/). Preside o Comité Científico de Biostatech, que supervisa a base metodolóxica e estatística coa que se desenvolven os traballos realizados a través da empresa, e a calidade dos resultados finais.
Do mesmo xeito, este comité encárgase de garantir a calidade e funcionalidade das actividades de formación organizados por Biostatech, e faise cargo do adecuado desenvolvemento e finalización dos proxectos de investigación nos que colabora, coordina ou executa.