Francisco Gude Sampedro

Asesor externo do Comité Científico

Responsable da Unidade de Epidemioloxía Clínica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
Doutor en Medicina e Cirurxía, e recoñecido bioestatístico a nivel internacional.
É membro da Rede Nacional de Bioestatística: BIOSTATNET, cunha ampla experiencia en investigación, liderando ou colaborando en múltiples proxectos e redes interdisciplinares.
Conta con máis de duascentas publicacións en revistas científicas de impacto no campo da medicina e a estatística.