Biostatech nace co obxectivo de impulsar a investigación e o desenvolvemento de metodoloxías estatísticas avanzadas, para resolver problemas e necesidades reais do mundo empresarial e da investigación actual.

Nunha contorna de continua evolución tecnolóxica, a estatística converteuse nunha disciplina crave na resolución de novos retos científico-técnicos, no procesado, tratamento e análise de datos.

O I+D+i en estatística será cada vez máis unha cuestión crítica coa chegada da era do Big Data, sendo necesaria a extracción de información, e a achega de solucións de calidade para empresas e investigadores de distintas áreas e ámbitos.
.

Proxectos de I+D+i

Colaborador de:

  • “Stat Wars: o despertar dos datos” (2017-2018). Proxecto de divulgación científica financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.
  • “Novas ferramentas estatísticas e computacionais aplicadas a investigación en Saúde, Deporte e Medio Ambiente” (2017-2018). Rede que agrupa a 7 grupos de investigación multidisciplinares da USC, UdC e CHUS. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.

Somos parte do equipo investigador de:

  • “Desenvolvemento de técnicas flexibles Joint Modelling dirixidas á investigación en diabetes, enfermidades cardiovasculares e cancro” (2018-2021). MTM2017-83513-R. Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.
  • “Inferencia nos modelos de regresión aditivos estruturados ( STAR) con extensións a respostas multivariantes. Aplicacións en biomedicina”. MTM2014-52975-C2-1-R. Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.
  • “Biostatnet: afrontando retos de investigación bioestatística con proxección internacional (Accións de dinamización – Redes de Excelencia)”.  MTM2015-69068-REDT. Ministerio de Economía e Competitividade.

Servizos adaptados

Os proxectos realizados en Biostatech xorden das necesidades reais de empresas e investigadores.

Nos últimos anos a tecnoloxía permitiu a empresas e investigadores incrementar a cantidade e calidade de datos de partida, e Biostatech achega a axuda e o apoio estatístico para extraer o máximo proveito deles.

Axudas e/ou subvencións á I+D+i

  • Dobre Premio no XI Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela (Marzo 2011): Primeiro Premio de Woman Emprende e Segundo Premio de “Empresa de Base Tecnolóxica”.
  • Biostatech e a primeira spin-off de bioestatística a nivel nacional, cualificada como Empresa de Base Tecnolóxica (IEBT) por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
  • Concesión dun contrato de investigación Torres Quevedo enmarcado no Programa Nacional de Contratación de Recursos Humanos do Ministerio de Economía e Competitividade (Novembro de 2013).
  • Empresa seleccionada no programa Re-acciona 2017 polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), axencia adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia (Novembro de 2016).
  • Biostatech seleccionada en convocatoria competitiva, entre as 10 que integraron a IIª edición do Programa Agrobiotech Innovación para empresas do sector de biotecnoloxía, agroalimentarias e de biomasa. Programa financiado por Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Xunta de Galicia (Xuño 2017).
  • Concedida axuda para contratación de persoal para desenvolver actividades de I+D+i. Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Xunta de Galicia (Outubro 2017.)