Somos especialistas en metodoloxías estatísticas punteiras

As novas tecnoloxías xeran grandes cantidades de datos, cuxo estudo e optimización é esencial para a mellora de procesos ou obtención de resultados. O noso equipo axudarache a sacar o máximo proveito aos teus datos, e a tomar decisións adecuadas en función dos resultados obtidos.

Equipo interdisciplinar

Formamos un equipo interdisciplinar, especializado en estatística aplicada, cunha base formativa ampla en bioloxía, matemáticas, físicas e medicina que nos permite comprender e abordar os estudos que se nos expoñen. Do mesmo xeito, proporcionamos e apoiamos aos nosos clientes na procura da mellor solución.

Traballamos para achegar a estatística ao cliente

Una das nosas prioridades é a de lograr unha boa comunicación e entendemento cos nosos clientes, empregando unha, linguaxe comprensible, que permita implementar solucións de calidade aos problemas que nos expoñen.

Estudos de calidade en calquera das súas fases

Desenvolvemos estudos de calidade que abarcan desde un punto inicial dun deseño óptimo experimental, a creación de bases de datos, o tratamento e análise de datos, a aplicación da metodoloxía estatística máis adecuada para cada problema exposto, e a posta en valor dos resultados obtidos.

Rede de colaboradores

Contamos cunha importante rede de colaboradores, conformada por prestixiosos estatísticos nacionais e internacionais, que nos permiten abordar traballos expostos desde distintas áreas.

Utilizamos software estatístico avanzado

Realizamos programación en R e manexamos outras linguaxes de programación, utilizando software avanzado.

Xestionamos transferencia tecnolóxica estatística entre investigación e empresa

A nosa experiencia e formación académica permítenos coñecer e achegar solucións avanzadas a problemas de distinto nivel de complexidade.

O noso alto nivel en linguas facilita o desenvolvemento de colaboracións internacionais e a elaboración de informes e documentos científicos para os nosos clientes en inglés, alemán, francés, español e galego.