Contratos e convenios

Á parte dun asesoramento puntual, BIOSTATECH desenvolve acordos específicos con investigadores para a execución dun grupo de traballos relacionados, que poden ser extensivos cara a un ámbito formativo.

Neste último aspecto, BIOSTATECH, presenta unha carteira de produtos que garante unha formación de calidade a distintos niveis, en diversas técnicas e modelos estatísticos, e no manexo de ferramentas estatísticas, axustadas e acordes ás necesidades dos nosos clientes.

Do mesmo xeito, BIOSTATECH está involucrado na execución de proxectos de I+D+i, a través de colaboracións con grupos de investigación do ámbito público e privado.