BIOSTATECH é unha empresa de bioestatística e estatística aplicada, creada en marzo de 2012, recoñecida e avalada pola súa calidade científica como spin- off da Universidade de Santiago de Compostela.
O carácter interdisciplinar do noso equipo e a rede de colaboradores, permítennos achegar solucións de calidade a problemas expostos por investigadores e empresas, que garante:
A comprensión do problema
A procura da mellor solución con alta calidade científica
Un desenvolvemento profesional e personalizado
A posta en valor do produto final
A nosa misión
BIOSTATECH é o socio científico-técnico para empresas e investigadores, que resolve os retos e necesidades estatísticas expostos polos seus clientes, con calidade, e achegando valor no deseño e na obtención de resultados robustos e fiables.
A nosa visión
BIOSTATECH quere converterse na empresa de referencia en bioestatística e estatística aplicada, achegando solucións innovadoras e de calidade, na resolución de problemas en distintas áreas de coñecemento a partir do tratamento e análise de datos.